Os da Orquesta Brasil tocaron na década dos 50.
O de arriba de todo coa trompeta é Mario de Carballo e o do clarinete (segundo por abaixo) e Manolo de Chousa (tamén coñecido por “Manolo de Palancas”).
Ano: 1952
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Grazas, vela acesa.
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.