Os misioneros da escola de Quintá

Preme a imaxe para ampliar

Atopamos esta fermosa imaxe con unha inscrición a lapis diante, non perceptible no escaneo, que di: “Los misioneros de la escuela de Quintá”.
Pola parte de atrás aparece escrito tamén o seguinte: ” A la escuela de Quintá que tan abnegada y acertadamente dirige Don Maximino” e asinan. “Los misioneros CMFF”, polo que deducimos que estarian no Convento de Baltar xa que pertence á Congregación dos “Misioneros Hijos del Inmaculado Corazón de María”, coñecidos como Claretianos que levan por lema en latín: Cordis MariÊ Filius, de ahí as siglas na firma CMFF.

Marca do papel: foto Regtor (Unha trama gris repetida varias veces no papel) deducimos que a data está entre 1950 e 1960, por este dato.

Ano aproximado: 1955 (± 5 anos)

Foto pertencente a: Maluca da Pinida a foto asinada e Sindo de Eliseo a outra

A mesma imaxen atopada en outra colección

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario