Padre Justo Pérez Segura (1883–1969), misioneiro do Sagrado Corazón de María, no convento de Baltar, nunha fotografía tomada arredor dos anos 60. Tras pasar por numerosos destinos, entre eles Vilagarcía de Arousa, rematou en Baltar, onde celebrou a súa Voda de Ouro sacerdotal, tal e como recolle a prensa da época en El Correo Gallego, nº 26193, do 22 de decembro de 1957.
Ano aproximado: 1960 (± 5 anos)
Localización: Convento de Baltar
Contexto: Lugar→ Baltar, Retrato
Foto pertencente a: Fina, filla do Minero
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.