De esquerda a dereita, Pepe de Paulina (Pepe de Merita de Rufino) e Isidro levan aos ombreiros a imaxe do Sagrado Corazón de María na procesión das festas na súa honra.
Diante de Pepe, de xeonllos, vai unha persoa ofrecida, e ao fondo, detras de Sidro, Zalito, fillo de Gonzalo da Pinida, vestido de traxe de comunión.
Atrás de todo, o segundo pola esquerda é Andrés Fortuna, tío político de Zalito.
Ano aproximado: 1956 (± 2 anos)
Localización: Igrexa do Convento de Baltar
Contexto: Festas→ Corazón de Maria de Baltar, De festa
Notas
No reverso desta fotografía pode lerse: “Isidro Dopico Baltar – Casa Marino”. Oo fotógrafo deixaría a copia en Casa Marino para que Isidro a recollera alí.
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.