José Leiracha Piñón, coñecido como Piñón, nunha foto de estudio, posiblemente durante a mili en Tetuán, arredor de 1918.
Piñón era o pai de Mario de Carballo.
Na foto aparece nun retrato acuestre de estudo, montando un cabalo “calzado de cuatro” (catro zonas blancas xusto enriba das pezuñas). Non podemos asegurar que a foto fose feita en Tetuán; o que si sabemos é que, como noutras moitas da época, se empregaba atrezo de estudo (cabalo/montura) ou retoque para simular que o retratado estaba a cabalo. Isto permitía obter retratos ecuestres sen dispoñer dun cabalo real no local, nun tempo no que levar a cámara ao exterior resultaba complexo. Neste caso, a pose e a escenografía remiten aos coñecidos retratos de Alfonso XIII sobre o seu cabalo “Alí”, difundidos en publicacións como Álbum Salón. Na comparativa, unha das copias (non a de Piñón) mostra claramente o enderezo dun estudo que se dedicaba a Fotografía Militar, o estudo V. Martínez en Porta de Santa Madrona, 8, 2º (Barcelona); por iso é posible que a fotografía de Piñón fose realizada nesa mesma casa de fotografía, ainda que o fondo e o sable cambian. A saber!!!
A Cruz de Santiago que aparece na manta da sela de Piñón, é un motivo moi usado para indicar Arma de Cabalería.


Ano aproximado: 1918 (± 3 anos)
Contexto: Foto de Estudo, Na mili
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.