Procesión de San Antonio de 1986

procesión de San Antonio

Preme a imaxe para ampliar

Procesión de San Antonio. Levan o Santo Antonio Leirachá e Queira.
Atrás vese a Dani o día da súa Primeira Comunión e, detrás de don Ricardo, o cura, coas mans nos petos, está o seu pai, José Manuel (Coto).

O outro cura é sobriño de don Secundino, quen foi párroco do Val durante moitos anos. O rapaz coa gravata que aparece ao fondo é Andrés, o electricista, e diante vai a súa filla Vanesa (cunha rosa na man), que tamén fixo a Primeira Comunión.

Ano: 1986

Localización: Atrio da Festa de San Antonio. Igrexa do Val

Contexto: Festas→ San Antonio

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario