Procesión nas festas de Baltar en 1971, na honra do Corazón de María de Baltar, coa santa “pequena”.
Finita de José Antonio, María de Pita (de negro) levando o estandarte, e Manolita de Rufino.
Ano: 1971
Notas
Partes dun estandarte procesional:
Pano
É a parte de tea (xeralmente de raso) onde se bordan os elementos, florares en este caso, e se inclue a imaxen relixiosa, normalmente da Virxe, dun santo ou do Sagrado Corazón. Este pano está rematado en tres puntas, a central máis longa e rematadas con flecos e borlóns en fio dourado.
Camafeo
A imaxe principal (neste caso a Virxe do Corazón de María), bordada ou pintada (neste caso pintada), rodeada de molduras douradas ou fitas ornamentais.
Ornamentación e bordados
Inclúe os adornos laterais e inferiores: borlas, franxas douradas, flecos, cintas ou galóns metálicos. Estes engadidos dan prestixio e solemnidade ao estandarte.
Mastro ou vara
É o pau central que serve de soporte. Normalmente de madeira pulida ou metal, ás veces rematado cunha cruz ou figura decorativa (remate superior).
Cordóns
Son os que adornan o estandarte durante a procesión. Na foto, dúas mulleres levan os cordóns a ambos lados.
Anverso e reverso
Algúns estandartes teñen decoración en ambas caras: unha principal coa imaxe titular e outra máis sinxela con símbolos (cruces, escudos parroquiais, etc.).
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.