De esquerda a dereita, Manola do Roxo e Pilar de Hermida cantando rancheras no festival de Baltar.
No convento de Baltar, ao rematar a catequesis dos nenos, nas vacación de Nadal, a comezos dos anos 90, celebrábase un festival ao que acudían numerosos veciños do Val, especialmente da contorna de Baltar.
Nese festival actuaban os nenos, os rapaces e tamén os adultos, presentando distintos números humorísticos, musicais, teatrais, etc. Cada quen achegaba o seu talento, creando un espectáculo sinxelo pero moi celebrado polos veciños, no que se mesturaban a risa, a música e a participación colectiva, incluso con algún sorteo.
Ano aproximado: 1991 (± 2 anos)
Localización: Convento de Baltar
Contexto: Lugar→ Baltar, De festa
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.