Día da voda de Plácido de Chinto en 1962, na entrada da casa do tío Juan de Chinto. Arriba de esquerda a dereita: Paco de Eladio, Horacio de Pereira, Plácido de Loureiro, Ramón da Chiquita, Plácido de Chinto (noivo), Paco (O Viaxante), Manolo de Nieves de Chinto. Agachados de esquerda a dereita: Andrés de Chinto, Pepe de Martínez, Andrés da Montera e Rivas.
Ano: 1962
Contexto: De voda
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Grazas, vela acesa.
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.