Casan Manola do Ferreiro e Lucho de Serra, e de padriños, Luís de Colas de Flor e Mérita de Rufino (America). De arras, Celita de Lolo do Ferreiro.
A foto é unha boa vista da igrexa.
- Os padriños na igrexa
- Entrando na igrexa
- Retrato en Baltar
- A mesa nupcial
- Os padriños no baile. Ao fondo Higinio de Rey á esqueda e á dereita José de Teresa
- Ceremonia
- Acompañados polas parellas, Pepe á esquerda e Herminia da Penida e o seu fillo Toñito.
- Na celebración con D. Secundino
Localización: Igrexa de Santa María A Maior, O Val
Contexto: De voda
Foto pertencente a: Mérita de Rufino
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Grazas, vela acesa.
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.







