Na foto, Fina Martínez (Fina de Paulos) e Juan Veiga o día da súa voda, o 5 de agosto de 1956, na igrexa do Val.
O convite da voda celebrouse na casa familiar en Quintá.
Fina era unha das fillas de Cándida de Filgueira e Pedro de Paulos. Tiveron dous fillos: María del Mar Veiga Martínez e Juan Miguel Veiga Martínez.
Data exacta: 5 de Agosto de 1956 (Domingo)
Contexto: De voda, Lugar→ Quintá
Foto pertencente a: Marta, neta de Fina de Paulos
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.
Meus pais… 💝
Mis abueliños 🤍