Retrato do día da voda de Josefa de Monteiro e Amable, celebrada no ano 1962. O matrimonio tivo dous fillos, Antonio e Ana María.
Na imaxe, ademais dos noivos, aparece á esquerda Casilda de Monteiro, tía de Josefa, que exerceu de madriña, e ao seu carón Chuco, cuñado de Amable.
Ano: 1962
Contexto: De voda, Foto de Estudo
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Grazas, vela acesa.
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.