Mari Carmen de Casilda, muller de José Manuel (o Fojeteiro), vestida de noiva xunto á súa curmán Manolita de Monteiro, de só 6 ou 7 meses.
A imaxe foi tomada na casa familiar de Marina e Rosende, avós de Mari Carmen, onde tamén vivían os seus irmáns Rosende (Sendo) e Jorge (You).
Data exacta: 18 de Agosto de 1974 (Domingo)
Localización: Casa da noiva no Lobeiro
Contexto: De voda
Mapa
Prende unha vela
Na memoria dos que xa non están
Grazas, vela acesa.
Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.