Voda de Pepe co Casal e Manola

Preme a imaxe para ampliar

Voda de Manola e Pepe do Casal, á esqueda de todo, de madriña Melia de Serra e de padriño, ao lado do mozo, o seu irmá Emilio. 
Os nenos son, sentado no velo, Luís de Serra,  o fillo de Melia e José de Serra, e de pe, José Manuel, fillo de Emilio.

O vestido da noiva foi feito por Luca.

 

Data exacta: 7 de Xuño de 1969 (Sábado)

Localización: Diante do Busto de Benito Vicetto no Parque Raíña Sofía (Ferrol) antes Parque Eduardo Ballester.

Contexto: De voda

Mapa

Prende unha vela

Na memoria dos que xa non están

Prendéronse 0 velas nesta foto.

Este xesto é unha maneira de lembrar a quen xa non está, sen importar as crenzas de cada quen. É un acto simbólico e espiritual, unha forma de manter viva a súa memoria. Non ten por que ser relixioso… pero pode selo, se así o sintes.

← Volver

Deixa un comentario