INFORMACIÓN
O Val na Memoria é un proxecto de mediación cultural e arquivo comunitario que nace coa vontade de recuperar e preservar a memoria fotográfica da parroquia do Val.
Concíbese como un espazo de encontro e participación veciñal no que as fotografías familiares, os recordos e as historias compartidas contribúen a reconstruír a memoria colectiva e a fortalecer a identidade local.
O proxecto desenvólvese integramente na parroquia de O Val —oficialmente Santa María a Maior do Val—, situada no concello de Narón, na provincia da Coruña.
Un dos seus principios fundamentais é facilitar a participación de todas as persoas, especialmente das persoas maiores, con diversidade funcional ou sen medios técnicos, garantindo así o acceso á cultura e á preservación da memoria comunitaria.
A través da recompilación, dixitalización e catalogación das fotografías —incorporando datas, topónimos da parroquia e persoas recoñecibles— constrúese un arquivo dixital aberto e accesible, pensado para conservar e compartir o patrimonio visual da comunidade.
O arquivo resultante contribúe a preservar o patrimonio cultural e a memoria colectiva da parroquia.
O Comezo
A idea do proxecto nace da preocupación pola cantidade de fotografías antigas que permanecen gardadas en fogares particulares e que, co paso do tempo, corren o risco de desaparecer.
Moitas destas imaxes forman parte da historia cotiá da parroquia: familias, traballos, festas, escolas ou lugares que xa non existen.
Ante esta realidade xorde a necesidade de recoller, dixitalizar e catalogar o maior número posible de fotografías, creando un arquivo colectivo que permita conservar esta memoria e facela accesible para as xeracións presentes e futuras.
Valores e compromisos
Perspectiva de xénero
O proxecto busca tamén visibilizar o papel das mulleres na historia local, recuperando imaxes e historias que tradicionalmente quedaron fóra dos relatos oficiais. Todas as publicacións e contidos empregan unha linguaxe inclusiva e respectuosa coa diversidade.
Sustentabilidade
A dixitalización das fotografías realízase sempre procurando minimizar desprazamentos innecesarios, favorecendo a recollida directa na contorna da parroquia. Ademais, a conservación e dixitalización de fotografías antigas permite preservar materiais que doutro xeito poderían deteriorarse ou desaparecer.
Actividades e liñas de futuro
O proxecto O Val na Memoria continúa medrando a través de diferentes iniciativas orientadas á participación da comunidade e á difusión do patrimonio local.
Entre as liñas de desenvolvemento previstas destacan:
- Encontros de memoria veciñal, nos que as persoas maiores comparten fotografías, recordos e historias vinculadas á parroquia.
- Actividades interxeracionais, promovendo o contacto entre a veciñanza e o alumnado dos centros educativos do concello de Narón.
- Ampliación do arquivo fotográfico, mediante novas campañas de recompilación e dixitalización de fotografías antigas.
- Exposicións fotográficas, que permitan mostrar publicamente unha selección das imaxes recuperadas e divulgar a historia e a memoria da parroquia.
- Divulgación cultural, a través da web, publicacións e recreacións visuais que achegan a historia local á cidadanía.
SOBRE MIN
O Val na Memoria é unha iniciativa cultural independente impulsada por Daniel Ameneiros, deseñador freelance e veciño da parroquia do Val.
O proxecto conta coa colaboración da veciñanza, así como co apoio de asociacións locais e centros educativos públicos da contorna, co obxectivo de crear un arquivo visual e emocional que recolla a memoria histórica e social da parroquia, fortalecendo a cohesión comunitaria a través do patrimonio fotográfico.
QUERES COLABORAR?
Se tes fotografías antigas da parroquia, historias familiares ou recordos que queiras compartir, podes participar facilmente no proxecto.
CONTÁCTANOSCÓMO CONTACTARNOS
Teléfono
O xeito máis sinxelo é chamando ao teléfono, ou contactando por whatsapp, no 630806122.
Tamén podes deixarnos un email no correo electrónico info@ovalnamemoria.com ou ben cubrir o formulario de contacto en https://ovalnamemoria.com/contacto/ de xeito moi sinxelo.
PRECISAS AXUDA?
Accede dende o botón de “AXUDA” para coñecer o xeito de escanear as fotografías, é moi sinxelo.
Si o precisas, podes contactar con nós estaremos encantados de facilitarche toda axuda posible.