QUEN SOMOS?

SOBRE NÓS

O Val na Memoria é unha inciativa privada e sen ánimo de lucro para a recuperación da memoria fotográfica do Val, en Narón.

Quen está detrás do proxecto?

Daniel Ameneiros, o fillo do Zurdo e de Manola do Roxo.

Daniel Ameneiros

O Comezo

A idea nace sobre todo da preocupación pola cantidade de fotografías que poden estar perdéndose en moitos fogares, algún mesmo xa sen habitar, polo que parece urxente e necesaria a recompilación de todas as imaxes posibles, o seu escaneo, catalogación, xeoetiquetado e posterior almacenamento nunha plataforma aberta e colaborativa.

CÓMO O FACEMOS?

escaneo

Contacto e Escaneo

A plataforma é colaborativa. Cada quen pode darse de alta e subir as fotografías que desexe. Tamén ofertamos a posibilidades de nos contactar para que sexamos nós os que escaneemos, cataloguemos e subamos as imaxes. Deste xeito aseguramos que a calidade e a recuperación sexa da mellor calidade e pulcritude posible. Todo de xeito completamente gratuíto.

Xeoetiquetado

Tentaremos, na medida do posible, situar cada imaxe no lugar concreto en que foi sacada, para así, preservar do mellor xeito posible a memoria da fotografía.

Etiquetado

Como non podía ser de outro xeito, as persoas son importantes. Procuraremos nomear a todas e cada unha das persoas que aparecen en cada fotografía, e neste punto, a colaboración veciñal é moi importante, xa que, deste xeito poderemos poñer nome a cada persoa fotografada, e, se fora posible, etiquetar ao fotógrafo.

CÓMO CONTACTARNOS

Teléfono

O xeito mais sinxelo é chamando ao teléfono, ou contactando por whatsapp, no 630806122.

Email

Tamen podes deixarnos un email no correo electrónico info@ovalnamemoria.com ou ben cubrir o formulario de contacto en http://ovalnamemoria.com/contacto/ de xeito moio sinxelo.

QUERES COLABORAR?

Se desexas participar non tes máis que contactar!

CONTÁCTANOS