Skip to main content

O 18 de decembro de 1983 un forte temporal, con ventos huracanados e choivas torrenciais, abateu Galicia. Na parroquia do Val este vento, ou mesmo un raio como indicaban moitas fontes, tirou o campanario da igrexa parroquial de Santa María, construído a finais do século XVIII. A súa caída arrastrou parte da fachada e afundiu tamén un dos arcos principais da nave.

A prensa da época recolleu o suceso, atribuíndo a orixe tanto a un raio como á forza do vento.

La Voz de Galicia, 19 de decembro de 1983

Preme na imaxe para aumentala

Poucos meses despois, en marzo de 1984, o párroco Don Secundino García Carregado dirixíase ao bispo de Mondoñedo-Ferrol solicitando axuda económica. O orzamento inicial das obras ascendía a máis de 13 millóns de pesetas, aos que había que engadir outros gastos imprevistos: bancos, altar, ventás, coro, instalación eléctrica, campás…

Folla do informe redactado polo arquitecto Vicente García-Lastra Rivera en marzo de 1984.

Folla do informe redactado polo arquitecto Vicente García-Lastra Rivera en marzo de 1984.

Así comenzouse a pedir polas casas, para o arranxo da igrexa, comandando a labor o párroco don Secundino e “os da comisión”, que non sei se se refiren á comisión de festas ou a outra comisión feita para esta labor en concreto.

Recaudáronse pedindo polas casas:

  • Na propia parroquia: 7.120.824 pesetas.
  • Fóra da parroquia (Meirás, Ferrol, Catabois, Neda…): 2.302.300 pesetas, incluíndo a doazón do propio bispado de 1.500.000 pesetas.

En total, 9.423.124 pesetas.

Os gastos finais foron de 8.761.384, quedando un superávit de 663.244 pesetas, que se destinou ás reparacións pendentes (bancos, restauración dunha capela, etc.).

Co proxecto dirixido polo arquitecto Vicente García-Lastra Rivera, e coa cooperación dunha empresa especializada en cantería, a igrexa foi reconstruída, devolvéndolle o seu aspecto orixinal e garantindo a súa estabilidade.

O folleto das doazóns

Cando se pediu para esta reparación, ao final fíxose un listado cos nome de todos os veciños: quen dera cartos e quen non. Repartíronse polas casas como proba de “transparencia”… e tamén como presión social.

Este folleto remataba de este xeito:

Muchas gracias a todos los colaboradores y que Dios se lo premie en la tierra y en el cielo.
Con la ayuda de todos haremos también lo que falta, Dios mediante.
El Val, a 8 de Febrero de 1987
Secundino García Carregado y los de la Comisión
El día 9 de mayo tendremos en la iglesia del Val a las 6 de la tarde un funeral por los difuntos de todos los que contribuyeron a estas obras.

 

Parece que esa misa iba destinada para os que podían ou querían doar, pero non para o resto de familiares, será cousa de outra época?
Se hoxe se fixese algo parecido, seguramente sería visto como discriminatorio, porque a Igrexa tería que ter outra sensibilidade, unha misa comunitaria polos defuntos de toda a parroquia, sen exclusión.

Deixa un comentario