O programa “Hora Galega” da TVG destaca o proxecto «O Val na memoria»
Onte o programa Hora Galega, da Televisión de Galicia, fixo unha mención moi especial ao noso proxecto «O Val na memoria». Foi unha reportaxe chea de sensibilidade na que se puxo en valor o traballo de recuperación da memoria visual da parroquia de O Val (Narón).
No vídeo explícase como, a través de fotografías antigas, estamos a construír un arquivo vivo que une xeracións. O programa destaca tamén a enorme implicación da veciñanza, fundamental para conservar e compartir lembranzas que doutra maneira poderían perderse.
Quero agradecer ao equipo de Hora Galega a difusión do proxecto, e sobre todo, a atención e facer que todo fose tan sinxelo e acolledor.
Podes ver aquí o fragmento emitido no programa no seguínte botón:
Ver o vídeo na Galega (TVG)

Me encantou , grazas por o teu traballo 🫂🫂
Paréceme unha idea fermosa e chea de emocions e recordaos increíbles.
Grazas por este traballo
Moitisimas gracias Dani polo teu traballo totalmente desinteresado, moi fermoso e emotivo, con moitas horas d dedicación