Banquete con final movido no Val

Contan as crónicas que nunha taberna do Val, propiedade de Francisco Martiño, varios individuos celebraban —con moita alegría e probablemente máis viño do necesario— a comilona dun galo “grandioso”. A festa íase animando… ata que rematou mal.

Ao parecer, e debido ao exceso de alcohol, unha discusión foi subindo de ton. Resultado: un portugués chamado Manuel Casquejero Gómez acabou ferido e a Garda Civil de Xuvia tivo que tomar parte. Acabaron detidos o dono da taberna e un tal Clemente Rodríguez.

A prensa da época recolleu o suceso, chegando ata Cuba a noticia:

Época representada: Decembro de 1924

Lugar inspirado: Taberna de Francisco Martiño

Tipo de escena: Historia / Feito real

Técnica ou ferramenta empregada: IA

Fonte / inspiración: Galiciana, biblioteca dixital de Galicia

Nivel de documentación: Alta

⚠️ A imaxe é unha recreación artística – non documento histórico

← Volver a recreacións

Deixa un comentario