🌑 A eclipse de 1905 na Lagoa (O Val, Narón)
O 30 de agosto de 1905, o monte da Lagoa converteuse nun escenario excepcional como observatorio astronómico.
Nas primeiras horas da mañá, unha estación científica perfectamente organizada instalouse no alto. Todo estaba preparado con precisión: anteollos astronómicos, cronómetros, teodolito, instrumentos meteorolóxicos e mesmo un gran lenzo branco no chan para estudar os efectos da luz. Ao mando atopábase o enxeñeiro militar Ubaldo Azpiazu e Carmelo Sanchiz, acompañado por un equipo diverso de científicos e colaboradores, entre eles Luis de Ribera, teniente de navío e profesor da Escola Naval que escribiu a crónica para El Correo Gallego, Rodríguez Salgado, José Vila, Barreiro, Cruz, Santiago Casares, o frade Plácido Rey Lemos e un novo presbítero chamado Ramón María Aller Ulloa, que anos despois se convertería nunha figura clave da astronomía galega, que construiu o primeiro observatorio astronómico de Galicia, en Lalin.
Non só os científicos participaban, algunhos veciños do Val e visitantes achegáronse ao lugar para ver o eclipse. Entre comentarios e observacións, mesturábanse o rigor científico coa sorpresa popular. Como decía un veciño: «Que esta vez poido máis o Sol, ¿pero que si chegaba a ganar a Lua?…»
Non foi doado! A aparición de nubes dificultou a observación, e ao longo do fenómeno o ceo mantívose inestable. Aínda así, os investigadores mediron intervalos, tomaron fotos, analizaron manchas solares e rexistraron unha notable baixada da temperatura, que chegou a marcar 13 graos.
A eclipse non se deixou ver en todo o seu esplendor, pero si o suficiente para deixar unha fonda impresión en todos os presentes e remarcalo na prensa da época.
Rematada a experiencia, a ciencia deu paso á convivencia. Ao redor dunha mesa improvisada, compartíronse comentarios, alimentos e sensacións.
Voltarán a observar dende a Lagoa o seguinte eclilpse total?
Época representada: eclipse do 30 de agosto de 1905
Lugar inspirado: Monte da Lagoa
Tipo de escena: Historia / Feito real
Técnica ou ferramenta empregada: IA, Fotomontaxe
Fonte / inspiración: El correo gallego : diario político de la mañana: Ano XXVIII Número 9198 - 1905 agosto 31 - El Eclipse de Ayer
Nivel de documentación: Alta
⚠️ Recreación artística baseada en feitos reais documentados. A imaxe é unha interpretación visual creada con intelixencia artificial e técnicas gráficas, e non constitúe un documento histórico.

