Gil Pérez de Lago e o crime da Pena Lopesa

Entre os anos 1340 e 1350, en tempos do rei Afonso XI de Castela, o cabaleiro Gil Pérez de Lago, membro da nobreza galega e armado na Orde da Banda por don Pero Fernández de Castro, cometeu un crime que marcaría o seu destino e o do seu linaxe: matou á súa muller, (Marina Afonso de Figueroa?).

As causas do crime perdéronse no tempo, mais a consecuencia foi fulminante: perdeu todas as súas terras, señoríos e privilexios. A súa casa, outrora poderosa, caeu en desgraza.

O cronista do século XVI Vasco da Ponte recolle este episodio na súa obra “Recuento de las Casas Antiguas del Reino de Galicia”, sinalando:

“Este Gil Pérez de Lago en este tiempo, no se por qué caso mató a su muger por lo qual perdió sus tierras y señoríos, y de allí quedó la Casa baxada; y perdió el Apellido, aunque aun tienen las armas. Esto sería poco más o menos en la era de 1340; o cincuenta años,…”

A Pena Lopesa entre a historia e a lenda

A fortaleza coñecida como Pena Lopesa, situada no Val , foi identificada por Vasco de A Ponte como o “solar antigo desta casa” dos Lago. Refírese a ela como unha fortaleza metida no mar, próxima á costa e de natureza defensiva.

“… una fortaleza metida en la mar solar antiguo desta casa, muy acerca daterra la cual se llama oy en dia la Peña de Dº Lope.”
“Y aquella Peña de Dº Lope que esta metida en la mar es la fortaleza del solar de Lago.”

Este lugar está considerado un castro reutilizado na Idade Media, con restos de tellas e cerámica común. É obxecto de interpretación arqueolóxica como asentamento fortificado da baixa Idade Media.

O arqueólogo municipal de Narón, André Pena, formulou a hipótese de que foi precisamente na Pena Lopesa onde Gil Pérez de Lago cometeu o asasinato da súa esposa. Trátase dunha suposición fundamentada no vínculo directo da familia co lugar e na descrición topográfica e simbólica que ofrece Vasco da Ponte.

Daquel castelo apenas quedan trazas: un nome case desaparecido e unha illa que puido ser escenario desa desgraza.

Época representada: S. XIV

Lugar inspirado: Pena Lopesa

Tipo de escena: Lenda / mito

Técnica ou ferramenta empregada: IA

Nivel de documentación: Alta

⚠️ Recreación artística, non é un documento histórico

← Volver a recreacións