O fusilamento no cruce de Santa Margarida
A noite do 26 de agosto de 1936, a un grupo de homes leváronos a “pasear” ata unha cuneta próxima ao cruce de Santa Margarida, no Val. Iban atados entre si con cordas. Alí, preto do que agora é a rotonda da Sala de festas A Concha, foron fusilados.
Entre eles estaba Joaquín Bouzamayor Gato (mecánico, de San Mateo, 29 años, presidente de la Agrupación Socialista de Narón y del Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Trasancos). A súa execución foi rexistrada meses despois, como tantas outras.
Xunto a el, foron asasinados outros cinco ou seis homes, cuxos nomes non constan nos rexistros oficiais, pero que compartiron o mesmo destino. Un deles, José María Díaz Díaz, de San Mateo, logrou sobrevivir ao fusilamento malia recibir un disparo. Ferido, conseguiu desatarse, escapar entre a maleza e agocharse nun camiño fondo mentres os gardas o buscaban cos faros do coche e seguían disparando.
A sorte do supervivente, a dignidade dos asasinados e a brutalidade impune do crime permanecen como memoria viva dunha das páxinas máis duras da represión franquista.
José María Díaz Díaz puido contarlle ao seu amigo, José Beceiro Fernández, anos despois o sucedido:
“Fóronos matar a unha cuneta alá no Val, onde (…) a sala de festas A Concha, na carretera que vai a Cedeira, por aquí, a carretera que vai a Valdoviño e ao chegar a un cruce que vai a Santa Margarita, matáronos alí (…). Iban amarrados, atáronos a unha corda (…) entonces iba amarrado a outro, ao disparar, o outro caeu morto e a el déronlle un tiro aquí e caeu tamén e desamarrouse e como era de noite, escapou e ao outro lado da carretera era monte e un pouquiño mais adiante, así como a 30 metros, hai un camiño fondo que atravesa e a el lle serviu de parapeto porque os guardias empezaron a enfocar cos faros do coche e a dispararlle pero claro, xa non o pescaron”. ¹
1. Entrevista nº 2065, realizada a José Beceiro Fernández, por Antonio Míguez Macho, o 27/7/2006, en Covas (Ferrol), fondo Histagra, Terra e Memoria.
Fonte, de uso público: nomesevoces.net: «Fosa do cemiterio de Santa María A Maior do Val (Narón)»
Trátase dunha das fosas máis grandes de Galicia, ligada ao golpe militar en Ferrol, capital do departamento marítimo do Norte.
Informe antropolóxico forense – IMELGA (2024-2025)
- Documéntanse os achados no cemiterio do Val tras dúas prospeccións (marzo e novembro de 2024).
- Confírmanse polo menos dúas fosas baixo os nichos do muro oeste, con restos dunhas 50 vítimas da represión franquista (1936–1938), maioritariamente mariñeiros do Acorazado España, mariñeiros, suboficiais e oficiais da Armada, executados tras consellos de guerra. Tamén hai casos de “paseo” como o de esta receración.
- Atopáronse restos óseos, obxectos persoais (cadeados, zapatos, proxectís) e signos de violencia perimortal.
- Varias familias solicitaron identificar e recuperar aos seus achegados.
Memoria histórica – HISTAGRA (2024)
Estudo detallado das 52 vítimas enterradas no Val durante a Guerra Civil.
- Reconstrúense as circunstancias das execucións, as datas, e os testemuños orais sobre a localización das fosas.
- Menciónase o papel do párroco na xestión dos enterros e como os nichos actuais construíronse sobre a fosa común.
- Achega testemuños crave, contexto político-militar e documentación de familiares.
Memoria técnica arqueolóxica – Tempos Arqueólogos (febreiro 2025)
- Amplíase a escavación no cemiterio do Val.
- Escávase baixo os nichos ao lado oeste, localizando restos de polo menos 10 individuos nunha disposición non funeraria.
- Atópanse cadeados, cravos, proxectís e restos óseos con signos de violencia.
- O informe confirma a existencia dunha fosa común con vítimas da represión franquista, coincidindo coa documentación histórica.
Localización: O Val, Narón (A Coruña)
Vítimas identificadas: 51
Tipo de represión: Execución e paseo
Intervención parcial: 2023–2024
Promotores: Secretaría de Estado de Memoria Democrática, Xunta de Galicia, USC
Propiedade do terreo: Eclesiástica
Memorialización: Si, por parte da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
Época representada: 26 de agosto de 1936
Lugar inspirado: Cruce de Santa Margarida
Tipo de escena: Historia / Feito real
Técnica ou ferramenta empregada: IA, Fotomontaxe
Fonte / inspiración: Informe histórico de Histagra (Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural)
Nivel de documentación: Alta
⚠️ A imaxe é unha recreación artística – non documento histórico

