Skip to main content

RECREACIÓNS E VISIÓNS DO PASADO

Unha viaxe visual ao pasado imaxinado

“Recreacións” é un espazo para imaxinar visualmente o pasado do Val

A través de escenas feitas con intelixencia artificial e técnicas gráficas tradicionais, recreamos momentos que puideron formar parte da historia ou da imaxinación colectiva: formas de vida, tradicións, celebracións, lendas.

Estas imaxes non son documentos históricos nin pretenden unha exactitude científica. Son interpretacións artísticas baseadas en fontes arqueolóxicas, tradición oral e estudos históricos, que nos axudan a achegarnos dunha maneira máis emocional á memoria compartida da comunidade.

Todas as escenas están claramente sinaladas como recreacións para diferencialas das fotografías reais que recolle O Val na memoria. Así, este proxecto complementa e non substitúe a memoria cocumental, senón que a complementa, ofrecendo unha mirada sensíbel sobre aquilo que puido existir antes da fotografía… ou mesmo antes da escrita.

Unha maneira de achegarnos ao noso pasado —real ou imaxinado— coa emoción do presente.

A restauración das imaxes e altares da igrexa do Val en 1927

O 23 de febreiro de 1927, o xornal El Ideal Gallego daba conta das importantes melloras que se estaban a realizar no interior da igrexa parroquial de Santa María a…

Ver máis

Roubo no velorio no Val

No outono de 1932, un suceso causou unha forte indignación entre a veciñanza do Val. Segundo recollía o xornal El Correo Gallego o 29 de outubro dese ano, Andrés Rodríguez…

Ver máis

🌑 A eclipse de 1905 na Lagoa (O Val, Narón)

O 30 de agosto de 1905, o monte da Lagoa converteuse nun escenario excepcional como observatorio astronómico. Nas primeiras horas da mañá, unha estación científica perfectamente organizada instalouse no alto.…

Ver máis

Por unha moza

Ocurrencias na comarca No Val.—Por unha moza—Disparos.—Un ferido Dous mozalbetes, labregos, veciños da parroquia do Val, en Narón, pretendían os amores dunha mesma moza, motivo suficiente para que entre ambos…

Ver máis

Banquete con final movido no Val

Contan as crónicas que nunha taberna do Val, propiedade de Francisco Martiño, varios individuos celebraban —con moita alegría e probablemente máis viño do necesario— a comilona dun galo "grandioso". A…

Ver máis

Armas no 1922

Bronca no Val con unha “Browning”

Sobre as once da noite, do 28 ou 27 de decembro de 1922, fai xa mais de cen anos, no establecemento de bebidas que Antonio Díaz tiña no barrio de…

Ver máis

As recreacións forman parte dun proxecto de divulgación cultural que busca facer máis accesible a historia local e estimular o interese polo patrimonio e pola memoria do territorio.

QUERES COLABORAR?

Se desexas participar non tes máis que contactar!

CONTÁCTANOS