Skip to main content

RECREACIÓNS E VISIÓNS DO PASADO

Unha viaxe visual ao pasado imaxinado

“Recreacións” é un espazo para imaxinar visualmente o pasado do Val

A través de escenas feitas con intelixencia artificial e técnicas gráficas tradicionais, recreamos momentos que puideron formar parte da historia ou da imaxinación colectiva: formas de vida, tradicións, celebracións, lendas.

Estas imaxes non son documentos históricos nin pretenden unha exactitude científica. Son interpretacións artísticas baseadas en fontes arqueolóxicas, tradición oral e estudos históricos, que nos axudan a achegarnos dunha maneira máis emocional á memoria compartida da comunidade.

Todas as escenas están claramente sinaladas como recreacións para diferencialas das fotografías reais que recolle O Val na memoria. Así, este proxecto complementa e non substitúe a memoria cocumental, senón que a complementa, ofrecendo unha mirada sensíbel sobre aquilo que puido existir antes da fotografía… ou mesmo antes da escrita.

Unha maneira de achegarnos ao noso pasado —real ou imaxinado— coa emoción do presente.

José María Díaz Díaz

O fusilamento no cruce de Santa Margarida

A noite do 26 de agosto de 1936, a un grupo de homes leváronos a "pasear" ata unha cuneta próxima ao cruce de Santa Margarida, no Val. Iban atados entre…

Ver máis

A Lenda da Pena Lopesa

Dende a Senda Ártaba, camiñando por detrás da Pena Molexa, ou mirando á esqueda dende a praia de Campelo, no mar de Narón, erguese a Pena Lopesa. É un illote…

Ver máis

Guerreiro Castrexo

O Val na Idade do Ferro: retrato dun guerreiro

Nos camiños que conectaban os castros fortificados de Galicia durante a Idade do Ferro, lonxe das murallas, podemos imaxinar a presenza dun guerreiro galaico. Un símbolo de vixilancia, identidade e…

Ver máis

Gil Pérez de Lago e o crime da Pena Lopesa

Entre os anos 1340 e 1350, en tempos do rei Afonso XI de Castela, o cabaleiro Gil Pérez de Lago, membro da nobreza galega e armado na Orde da Banda…

Ver máis

A lenda da moura da Pena Molexa

A Moura da Pena Molexa

Unha recreación artística da moura peiteando o seu longo cabelo con peine de ouro na Pena Molexa, rodeada de tesouros e a galiña e pitos de ouro, nunha máxica noite…

Ver máis

Orixes do pobo castrexo: escena familiar diante da Molexa

Familia proto-castrexa diante da Pena Molexa (Narón, s. VI a. C.)

Grupo familiar da Idade de Ferro temperá, retratado nun momento ritual ou simbólico diante da Pena Molexa. Os personaxes, con vestimenta sinxela e desaliñada, transmiten un estilo de vida máis…

Ver máis

As recreacións forman parte dun proxecto de divulgación cultural que busca facer máis accesible a historia local e estimular o interese polo patrimonio e pola memoria do territorio.

QUERES COLABORAR?

Se desexas participar non tes máis que contactar!

CONTÁCTANOS