Skip to main content

RECREACIÓNS E VISIÓNS DO PASADO

Unha viaxe visual ao pasado imaxinado

“Recreacións” é un espazo para imaxinar visualmente o pasado do Val

A través de escenas feitas con intelixencia artificial e técnicas gráficas tradicionais, recreamos momentos que puideron formar parte da historia ou da imaxinación colectiva: formas de vida, tradicións, celebracións, lendas.

Estas imaxes non son documentos históricos nin pretenden unha exactitude científica. Son interpretacións artísticas baseadas en fontes arqueolóxicas, tradición oral e estudos históricos, que nos axudan a achegarnos dunha maneira máis emocional á memoria compartida da comunidade.

Todas as escenas están claramente sinaladas como recreacións para diferencialas das fotografías reais que recolle O Val na memoria. Así, este proxecto complementa e non substitúe a memoria cocumental, senón que a complementa, ofrecendo unha mirada sensíbel sobre aquilo que puido existir antes da fotografía… ou mesmo antes da escrita.

Unha maneira de achegarnos ao noso pasado —real ou imaxinado— coa emoción do presente.

Familia de castrexos diante da Pena Molexa

Recreación dunha familia castrexa galega posando diante da Pena Molexa. A escena transmite a vida cotiá e a conexión simbólica coa paisaxe sagrada do seu entorno.

Ver máis

Familia de castrexos no Castro de Vilasuso

Recreación dunha familia castrexa galega posando no castro de Vilasuso, en O Val.

Ver máis

As recreacións forman parte dun proxecto de divulgación cultural que busca facer máis accesible a historia local e estimular o interese polo patrimonio e pola memoria do territorio.

QUERES COLABORAR?

Se desexas participar non tes máis que contactar!

CONTÁCTANOS