Skip to main content

Xa está aquí o conto da Moura da Pena Molexa! Á venta na Cooperativa do Val.

Temos para todos os nenos e nenas o conto da Moura da Pena Molexa, unha fermosa historia chea de maxia e misterio que acontece no Val.

Dende O Val Na Memoria, quixemos recuperar esta lenda tan nosa para que os máis pequenos (e tamén os maiores!) poidades desfrutar dela na casa. É un conto perfecto para ler en familia, para soñar con tesouros e para reflexionar sobre o que de verdadeiramente importa.

Este conto foi creado con moita dedicación, mesturando a tradición oral coas novas tecnoloxías. As ilustracións son froito da combinación de montaxe fotográfica, intelixencia artificial e técnicas clásicas de ilustración, buscando darlle un toque único e especial a esta lenda.

E, por suposto, este conto está dedicado a todos vós, nenos e nenas do Val, para que a maxia da Moura vos acompañe sempre! E de xeito moi, moi especial, á miña pequena Uma.

Agardamos que o desfrutedes moito lendo e compartindo esta historia tan nosa. Deixádenos nos comentarios que vos pareceu!

Queres escoitar a lenda?

En O Val na memoria queremos recuperar as lendas da parroquia e que mellor xeito que comenzar coa lenda da Moura da Pena Molexa, en esta noite de solsticio, na que os veciños estaríamos representando e festexando esta data.

Incluso, a Pena Molexa é o logotipo da nosa páxina, así que, razón de máis para adicar este primeiro audio a lenda valexa.

Poñede auriculares, pechade os ollos e trasladádevos á Pena Molexa e a esta lenda tan fermosa.

O Val na Memoria
A lenda da Pena Molexa
O Val na MemoriaA lenda da Pena Molexa
{{heart_svg}}LikeLiked Descarga
33
1

Agradecementos a BellónMaceiras Dúo pola Danza das Cacharelas que soa de fondo en este audio, grabado polas noites de música sacra na igrexa de San Luis no Festival Intercéltico de Lorient do ano 2014. Video en youtube aquí.

O texto está recuperado da revista da comisión de festas do ano 2008.

Deixa un comentario