Por Que Dixitalizar?
As fotos en papel poden estragarse co tempo. Dixitalizar as túas fotos antigas é unha boa forma de preservalas para sempre. Escanealas ou fotografalas co móbil axuda a gardalas de forma segura. Como dicimos: mellor mal escaneada co teléfono que perdela para sempre.
A continuación, explicamos dous procesos para que calquera poida facelo, mesmo sen moita experiencia coa tecnoloxía. Se prefires, tamén podemos facelo por ti!
O Proceso a seguir (RECOMENDADO)
- Dixitalizar a parte dianteira da imaxe (ás veces tamén é importante dixitalizar a traseira das imaxes porque pode conter información, notas e datas relativas ás fotografías) e gardala ordenada por carpetas. Un xeito de ordenar poder ser por temática: por datas, por lugares ou por persoas, iso xa para gustos.
- A dixitalización deberá ser coa maior calidade posible.
- Dixitalizar en formato Tiff a 600ppp. Podemos dixitalizar varias imaxes a un tempo xa que despois podemos separalas con un programa de edición. (Isto creará un arquivo bastante grande que gardaremos nunha carpeta chamada “orixinais” ou “dixitalización”.).
- Abrir a imaxe nun programa de edición, por exemplo:
- Recortar a imaxe quitando os bordes sobrantes (tamén podemos axustar o tono, a contraste e cor da imaxe).
- Posteriormente hai que crear 2 arquivos en formato JPG de diferente tamaño:
- Un arquivo .JPG en resolución a 300 ppp co lado máis longo a 40 cm. Gardar a imaxe en calidade máxima, 12.
- Un arquivo .JPG en resolución 72 ppp co lado máis longo a 1200px. Gardar a imaxe en calidade 8 ou menos para que o arquivo non sexa superior a 500 Kb, xa que esta será a imaxe que subiremos á plataforma.
Anotacións da imaxe gardada
Se nos interesa ter todo ben ordenado, podemos crear un Excel ou un arquivo de texto onde anotaremos a seguinte información para cada fotografía e que podemos ir ampliando a medida que coñecemos os detalles da mesma:
- ID ou número: número enteiro auto incremental con formato 000001. Exemplo: O_Vilar_000001.jpg
- Data: data real ou aproximada da imaxe.
- Título: título descritivo da fotografía. Por exemplo: Día de entroido no Vilar
- Descrición: descrición un pouco máis detallada da imaxe. Por exemplo: Manolo e Carmen disfrazados polo entroido en casa de Mucha.
- Tags ou etiquetas: Categorías para as imaxes. Por exemplo: O Vilar, Entroido, Familia Corral, Disfraces.
- Situación: Enderezo ou situación aproximada da fotografía. Como extra, poderíamos xeolocalizar e anotar as coordenadas decimais de Google maps na medida do posible.
- Propietario: Gardar o nome do propietario ou propietarios das imaxes. Aquí poderíase ampliar a información a almacenar, con campos coma DNI, teléfono, mail, etc.
- Arquivado en: lugar, nube, aplicación ou equipo/s e carpeta onde se atopa almacenada a fotografía.
- Anotacións: calquera información relevante sobre a fotografía.
Guía Simplificada para dixitalizar as túas fotografías
Este é un proceso sinxelo que calquera pode seguir:
- Fotografar a imaxe:
- Usa o teu teléfono móbil para facer unha foto á imaxe. Colócaa nunha superficie plana con boa luz (por exemplo, preto dunha xanela).
- Usa unha aplicación como Google Photos ou Microsoft Office Lens, que axudan a recortar os bordes e mellorar a calidade automaticamente.
- Se a parte traseira da foto ten notas ou datas, fótografa tamén esa parte.
- Editar a foto:
- Na mesma app (Google Photos ou Office Lens), recorta os bordes sobrantes para que só se vexa a imaxe.
- Se queres, axusta o brillo ou o contraste cun par de toques (non é obrigatorio).
- Gardar as imaxes:
- Almacena as fotos nunha carpeta no teu teléfono ou ordenador, por exemplo, “Fotos Antigas” ou “Fotos Familia”.
- Sube unha copia a un servizo gratuíto na nube como Google Photos ou Dropbox para ter unha copia de seguridade.
- Anotar información básica:
- Nunha libreta, ou nunha app de notas como Google Keep ou Notas do móbil, escribe:
- Un número para a foto (exemplo: Foto 1).
- Data aproximada (exemplo: 1980).
- Descrición curta (exemplo: Entroido no Vilar, Manolo e Carmen).
- Nunha libreta, ou nunha app de notas como Google Keep ou Notas do móbil, escribe:
- Facer unha copia de seguridade:
- Garda as fotos nun USB ou disco duro externo para maior seguridade.
Exemplo de Anotación
- Foto 1: 28 de febreiro 1980, Entroido no Vilar. Un grupo de persoas polo Vilar na note de entroido.
- Foto 2: agosto entre 1973 e 1976, Praia de Campelo, Familia Corral. De esquerda a dereita: Carmen, Fina e Manolo con sombreiro.
Non Tes Tempo ou Non Sabes Como Facelo? Nós Axudámosche!
Se prefires que nos encarguemos de todo, contacta conmigo, Daniel Ameneiros, e dixitalizaremos as fotos por ti. Podemos facelo na túa casa para que non teñas que desprazarte, ou tamén no local social ou donde decidas se o prefires. Escríbenos por WhatsApp a:
Dixitalizaremos as túas imaxes con coidado, organizámolas e entregámolas en formato dixital para que as teñas ben gardadas.
Consello Final
Non deixes as túas fotos esquecidas nun caixón. Mesmo unha foto rápida co móbil é mellor que perder eses recordos para sempre. Comeza hoxe!
Está interesado en coñecer máis sobre dixitalización de imaxes? A continuación deixo uns enlaces que poden resultar de interese:
- aarp.org – Como dixitalizar fotos antigas: [Enlace en castelán]
- dzoom.org- Cómo Escanear unha Foto: 7 Consellos Clave. [Enlace en castelán]
- fnmt.es – Curso de dixitalización: [Enlace en castelán]